A historia que vou contar sucedeu en Bosquelandia unha semana antes da gran festa dese lugar, que tamén se chama así.
Un día unha rapaciña a que lle chamaban Carrapuchiña Vermella saíu visitar a súa avoa; era unha rapaza moi lista, e con moitos amigos, sempre levaba dúas trenzas no seu pelo loiro, os seus ollos eran marróns e tiña uns dentes perfectos, xa que o pai era dentista; ese día levaba un vestido, unha capa e uns zapatos vermellos.
Cando a rapaciña saíu da casa ía asustada, e soa polo bosque, despois de oír que un lobo andaba por alí , ela tentaba chegar o antes posible. De repente o lobo saiu e a rapaza asustouse e caeu no chan; o lobo díxolle que por favor non se asustara, que el non lle ía facer nada. O lobo medía 1.80, tiña os ollos marróns e o pelo negro, vestía con pantalóns curtos e zapatos negros. O lobo contoulle á rapaza que todos lle tiñan medo pero que el só quería comer, e a rapaza deulle uns panciños que levaba para a avoa. O lobo díxolle que sabía un atallo, e foron en barca polo río. Unha vez alí presentoulle á avoa. Desde ese día fixéronse amigos e sempre ían xuntos na barca comendo panciños. Como o lobo tiña os dentes algo imperfectos o pai da rapaza axudoulle e púxolle un corrector. Cando chegou a gran festa de Bosquelandia, a rapaza levou ó lobo; ó principio a xente asustouse, pero a rapaza defendeuno e dixo que non era malo, e todos a creeron. Desde ese día toda a cidade se leva ben co lobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario