Nunca sabes o que podes soñar. Eu un día soñei que estaba tranquilamente sentada no banco da cociña con parte da familia, meu pai estaba diante do televisor, cuns décimos de lotería nas mans; de súpeto empezou a gritar que nos tocara a lotería. Nós, como él sempre está gastando bromas non o crímos, pero miña nai comprobou o boleto e tiña razón: estabamos todos saltando de alegría. Meus pais foron comprobar que o boleto estaba ben, e cobralo, mentras eu escribía nunha lista todo o que quería: un móvil novo rosa, unha piscina grande, moitísima roupa metida nun armario tan grande como unha habitación, un cabalo, unha moto, e sobre todo ir de viaxe a Italia coñecer a Valentino Rossi. Cumpríronseme todos os desexo. Cando espertei por un momento pensei que pasara de verdade, pero cando reaccionei, dinme conta de que so era un soño, e como soen dicir, os soños soños son.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario