FICHA DE LECTURA PERSONAL
NOME:ANLLO ROZAS, Jennifer
CURSO: 3ºPDC
FECHA: 18-1-10
FICHA TÉCNICA DO LIBRO.
TÏTULO: Pepa A Loba
AUTOR: Carlos G:Reigosa
EDITORIAL: Xerais
ANO DE PUBLICACIÓN: 2006
EDITORIAL: Xerais
ANO DE PUBLICACIÓN: 2006
ILUSTRACIÓNS: Miguelanxo Prado
AUTOR.
Data e lugar de nacemento: 1948, en Pastoriza.
Outras obras súas: Oxford, amén (1982), Homes detrás da corda (xerais 1982, 2000)...
ANTES DE LER.
Analiza a portada. Descríbea. De qué pode tratar o libro?
A portada ten de imaxe unhas grandes rochas, onde aparecen dous cabalos, un branco e outro negro, cun home e unha muller en cada cabalo, e un can.
Pode tratar dunha viaxe a cabalo.
Cantos capítulos ten?
13 capítulos.
O CONTIDO DA HISTORIA.
Quen é o narrador?
Non hai só un; son o escritor e a protagonista, Pepa A Loba.
Cando suceden os feitos?
Suceden no século XIX
Onde suceden os feitos?
En distintos lugares, no cárcere, nunha taberna, nunha casa...
OS PERSONAXES.
Quen é o protagonista?
Pepa A Loba.
Describe o seu físico e o seu carácter:
Unha rapaza nova cun cabelo loiro, alta e delgada e co carácter moi forte, de aí o alcume de "A Loba".
Cales son os seus personaxes secundarios?
-O tío de Pepa: capaz de facer o que sexa polo ben da súa sobriña, ata casarse con ela por problemas familiares e económicos.
-O mozo de Pepa: quérea moito e nótaselle ao longo da historia polas cousas que fai por ela.
-O pai de Pepa: un maltratador, que non quería a ninguén, e que matou á nai e ao tío de Pepa.
-Un mercader: este axudáballe sempre a Pepa, e foi el quen en moitos casos descubriu unha serie de cousas.
O ARGUMENTO:
Que situación se plantexa ao principio da historia?
Empeza no xuízo, acordándose Pepa de cousas relacionadas con todas estas historias.
Como actúa cada personaxe?
Algúns de forma máis violenta, como o pai de Pepa, outros con bondade, como o mercader, outros sen pensar e buscando o mellor, como Pepa e o mozo, e outros con xenerosidade e cariño, como o tío de Pepa.
Como remata a historia?
Morren varios personaxes, e tamén o rapaz de Pepa A Loba, que falece nun tiroteo. E así é como morre o alcume de A Loba.
OPINIÓN PERSOAL.
Que é o que máis che gustou do libro?
A valentía da protagonista, porque pasa por moitas cousas malas e aínda así segue adiante.
Que é o que menos che gustou?
O tema do maltrato.
Que personaxe prefires? por que?
Pepa A Loba: porque é un exemplo a seguir, é unha muller moi forte.
Que conclusión sacas do libro?
Que sempre tes que seguir adiante, e que hai que ser forte como Pepa A Loba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario