Hai moitos anos o meu avó tiña un can, ao que lle chamaban Patuco. Sempre se pensou que era un can especial, xa que facía cousas distintas aos demais cans. O meu avó traballaba nunha canteira lonxe da casa. Un venres saíu traballar co can coma todos os días; ao rematar a xornada meu avó foise para a casa, pero durante a fin de semana o can faltaba. O luns o meu avó foi traballar á canteira como todos os días e encontrou o can alí, que estaba á beira da chaqueta que lle quedera esquecida ao meu avó dende o venres: gardouna toda a fin de semana, esperando a que o meu avó fose por ela. Dalí a uns anos o can faleceu pelexando con outro máis grande.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario